A culpa – María Solar – Reseña en galego

Índice



Como fomos dicindo, iremos intercalando lecturas tanto en español como noutras linguas. Hoxe temos o pracer de compartir con todos vós a reseña da novela de María Solar.


A culpa - María Solar  - Reseña en galego
  • Título: A culpa
  • Autor: María Solar
  • Editorial: Xerais
  • Formato: Papel
  • Nº de páxinas: 335
  • Xénero literario: Novela negra
  • Data publicación: Novembro 2022

Biografía da autora:

A culpa - María Solar  - Reseña en galego

María Solar (Santiago de Compostela 1970) é escritora e xornalista. Coordinadora de Cultura da Corporación Radio Televisión de Galicia e presentadora e directora do programa cultural da TVG Zigzag Fin de Semana. Na súa formación académica mesturou as ciencias e as letras, licenciándose en Bioloxía e Xornalismo, e diplomándose en Maxisterio, ademais de ser especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. No ámbito xornalístico centrou o seu traballo na radio e na televisión, aínda que tamén colabora en prensa e revistas. Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio divulgativo, como «Ecoloxía na Aula» (1997), «O libro do noso mar» (1999), e de ficción pedagóxica, como «Boa sorte» (2008) ou «O tempo do revés» (2008).

O recoñecemento da crítica e do público chégalle da man da literatura infantil e xuvenil con títulos premiados e traducidos a varios idiomas, entre os que destacan: «A verdadeira historia da mosca de tele» (2012), «As meigas de Lupa» (Xerais 2012), «Teño uns pés perfectos» (2015), «O meu pesadelo favorito» (2015) ou «Os nenos da varíola» (2017). En Xerais publicou tamén a novela «As horas roubadas» (Xerais, 2016) e o libro infantil «Quokka Moka» (Xerais, 2019). En 2022 conseguiu o Premio Xerais de Novela coa obra «A culpa» (Xerais, 2022), e en 2023 quedou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «Adeline» (Xerais, 2024. Pódese seguir a autora en www.mariasolar.com, @mariasolar2 e en Facebook.


Sinopse:

Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amanda convértese inesperadamente na súa única herdeira.

A moza, xunto co seu amante xornalista, Enric, comeza unha investigación sobre a identidade da anciá e descobre a historia vital que uniu de por vida a dúas mulleres poderosas: os terribles segredos que as devoran, as culpas que as perseguen e a tóxica relación entre elas que remata nun final perturbador. Amanda non só herdou unha fortuna, tamén herdou unha culpa. Con «A culpa» María Solar mergúllanos nunha narrativa na que non podemos tomar alento ata desvelar por completo esta historia de dominación, tolemia e morte onde a culpa é omnipresente.


Personaxes principais:

🔘 Mirta

🟠 Marcela

🔵 Amanda

🔴 Enric

🟡 Eduardo

🟢 Ralph


Lugar donde se desarrolla la trama:

Galicia e Argentina.


Reseña/opinión persoal:

“Debíasme moito. 

Ou debería dicir: debíasme todo

Pero nunca me devolviches nada, 

Só a caridade, como a quen mendiga.”

Méteste de cheo na lectura desta novela de María Solar só con ollar a sinopse, por que che fala de herdanzas, de investigacións, de mulleres que agochan terribles segredos e por suposto de culpas… 

Di tamén a autora que o seu final é perturbador, e o é, vas quedar algúns días despois a pensar nel. 

En realidade, non sacarás da túa cabeza os feitos que vas descubrindo ao longo do diario que escribe unha das protagonistas sobre a súa vida, sobre as súas luces e as súas sombras. 

Das sombras do que máis… 

Na primeira parte do libro, ambientado na actualidade en Galicia, xa vas coñecer a unha parte dos protagonistas, os que reciben a herdanza e os que investigan de onde poden vir eses cartos e eses inmobles, sen teres parentesco coa vella puta fedorenta que llos deixa a Amanda. 

¿Por que a ela?

Reseña

Na segunda, titulada a culpa, é a orixe de todo, son os escritos do diario que ven sendo redactado no ano 2004 por unha muller maior e desfeita polas perdas dos seres queridos, a soidade a tristura e os remordementos de saber que a súa vida non foi tal, que alguén a decidiu por ela, e de saber que ese alguén tamén llelo esta facer pagar. 

É unha historia de manipulación emocional e psicolóxica, unhas veces manifestada abertamente e moitas outras polas agochadas. 

É a historia dunha relación tóxica, de parasitismo, de non ter vida propia, de abusar da bondade do débil, de quen alguén se cre co dereito de dirixir o destino e reclamar o que lle pertence polos «favores feitos´´. 

É unha historia de maldade, de mentes retorcidas. 

O coñeceredes todo, desde a infancia destas mulleres ata chegar ás páxinas cheas de culpa que agora se están a escribir desde un cuarto de Bos Aires.

Porén, ten unha trama amorosa moi fermosa que vos vai encantar, por unha banda un amor apaixonado, de cortexo tradicional da época, do que sabe esperar, do sincero e para toda a vida… ou así se desexa. 

Polo outro un amor do que non pode ser, pero agarimoso, protector e cheo de bondade, do que facilita a vida e desexa a ledicia do outro, aínda ca del teña que agocharse… 

Nesta novela atoparás pobreza, miseria e luxo. 

Estafadores, proxenetas, putas e puteiros. 

Abusos , violacións e sangue… 

Non dou máis información dela, do seu remate xa falei no comezo desta opinión e che podo asegurar que a súa lectura é moi entretida, pero tamén che revolve as tripas, xa digo que a trama está moi ben construída e chega a facerche pensar nas persoas que pasaron pola túa vida e que nalgún intre puideron tentar manipularte, non chegando a cometer actos da índole do que aquí se relata, por suposto. 

¡Xente manipuladora habela haina!


La culpa - María Solar  - Reseña

Un viaje duro y apasionante por el tramo final del siglo XIX, una historia de mujeres contada a varias voces. Premio Nacional de Narrativa 2022

La historia de Sisca, de quince años, encarcelada porque las mujeres no son dueñas de su cuerpo; las de Concepción Arenal, visitadora de prisiones, y Juana de Vega, mujeres no tan conocidas como merecerían, y las del «mudo coro de las malas mujeres», que entona cantos sobre encuentros con depredadores sexuales. La novela está escrita contra el olvido, para recuperar la memoria de las excluidas. Y es un canto al papel de los libros y la lectura para dignificar la vida de las personas, para dar esperanza a las desesperadas. La novela se enmarca en un tono poético y, sobre todo, en una trama bien armada, cuajada de una variedad de registros literarios.


Puntuación:

Encantada de lerte María Solar. 

Recomendo a súa lectura tanto en lingua galega como fixen eu, coma na edición en castelán.

Carmen S. A.

Reseña
Reseñas

Outras novelas da autora:




Reseñas/opiniones personales

Esperamos que vos gustara a reseña e non vos esquezades de compartir a entrada nas vosas redes sociais y deixar un comentario.

Aquí podes ver outras reseñas do noso blog: 📌

Se eres escritor/a e desexas que leamos algunha das túas obras só tes que deixarnos un comentario ou enviarnos un correo electrónico.

Soamente unha vez - José Mondelo - Reseña
Reseñas 😀


Deja un comentario