Índice
Como fomos dicindo, iremos intercalando lecturas tanto en español como noutras linguas. Hoxe temos o pracer de compartir con todos vós a reseña da novela de Roberto Fernández Álvarez.
Non é a primeira vez co libreiro de Santiago que pon a súa caseta de literatura galega nas feiras do libro de Galicia, nos recomenda unha obra que, ao seu parecer, vai abraiarnos e da cal non imos quedar descontentas.
¡E atína!
Nesta ocasión, recomendoulle esta novela a unha amiga, que foi a que ma deixou a mín para ler e reseñar.

- Título: A inmoral doutora Cons – LXI Premio Blanco-Amor de novela 2022
- Autor: Roberto Fernández Álvarez
- Editorial: Aira
- Formato: Papel
- Nº de páxinas: 368
- Xénero literario: Drama / Narrativa galega
- Data publicación: 02/2023
Biografía do autor:

Roberto Fernández Álvarez (Chantada, 1967), estudou Medicina na universidade de Santiago de Compostela, e fixo a especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria en Ourense. Na actualidade exerce de médico en Allariz. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago, é autor de varios traballos no eido da investigación cualitativa. Foi gañador do premio Cabaleiro Goás do ano 2013 e autor do libro Enfermos pobres, médicos tristes, co que gañou o XXI premio Vicente Risco de Ciencias Sociais.
Sinopse:
O Golpe, xa ancián, recorda a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar. Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu. A tensión entre tradición e progreso a través da Medicina. Drama e humor ben conxugados cunha prosa rica que se asenta nas mellores letras da nosa tradición. Premio Blanco Amor de Novela 2022.
Personaxes principais:
Reseña/opinión persoal:
Á inmoral doutora cons, non se lle poñería ese adxetivo, si a súa vida persoal e profesional acontecera nesta época, pero esta valerosa muller que o autor nos da a coñecer na súa obra, a sitúa alá polos anos corenta no rural galego, onde o atraso, o analfabetismo, a miseria e a fame entre outras cousas non miraban con bos ollos a chegada da modernidade, da formación e do progreso e menos representada por unha muller.
Pero non só os ignorantes rexeitaban o xeito de facer as cousas de África Cons, senón que coma todas as vilas da época, Arenteiro, tamén gozaba dos seus cacíques, ben fóran os alcaldes, os médicos ou autoridades sanitarias, ou por suposto os empresarios da zona, algún que outro lobo disfrazado de cordeiro…
A historia da doutora, a relata o que foi o seu axudante,” o golpe”, que sendo moi novo pasou ao seu servizo. Foi a testemuña principal de todo o acontecido a esta muller durante o tempo que desenvolveu a súa profesión neste lugar pouco agradecido da súa sabedoría.
Golpe, cóntanos todo o relativo á vida persoal e profesional desta valente e teimuda muller, levada sempre a actuar polo seu criterio científico e polas ganas de axudar.
No entanto o autor na fín dalgún capítulo nos relata a outra visión que lle daban os que desexaban poñer trabas no traballo da doutora e da súa vida para forzar a súa marcha da vila, dándolle volta aos feitos para que pareceran verdade ante as autoridades…

¡Como unha mentira redactada pode destruir o bo facer dunha persoa!
O outro médico de arenteiro, o celestino, é todo un personaxe, envexoso, rancoroso, amargado, rudo… ten todo o que ninguén quere ter preto, o comprobaredes si tedes a oportunidade de ler esta fermosa novela.
O que sí, e que chamoume moito a atención foi a escrita escollida polo autor, un galego cheo de matices e expresións de uso non tan cotián, pero si que me levaron, e ben levada, ao noso ben querido rural, aínda que tiven o dicionario a man para axudarme coas palabras que menos me eran coñecidas, e que viñan sendo outras variantes ou sinónimos máis doutras zonas ca da miña. Co cal tamén aprendín.
Igualmente aplaudir co acerto dos nomes das persoas e os alcumes que os nosos ancestros usaban como algo tan noso, e que o autor reflícte moi ben na obra.
Así, Celerina, Apolonia, Rufino, Reparada, Liborio ou Floriano, fixeron sacarme un sorriso de complicidade ao lembrarme da miña propia familia, á que nos mesmos nos chamabamos ” a familia dos nomes bonitos” polo peculiares que eran.
Un anaco de ficción con moito agarimo do autor.
Puntuación:
Recoméndoa, como fixo o libreiro de Santiago.
🖊Doulle un 5.
Carmen S. A.


Esperamos que vos gustara a reseña e non vos esquezades de compartir a entrada nas vosas redes sociais y deixar un comentario.
Aquí podes ver outras reseñas do noso blog: 📌
Se eres escritor/a e desexas que leamos algunha das túas obras só tes que deixarnos un comentario ou enviarnos un correo electrónico.
