Índice
Como fomos dicindo, iremos intercalando lecturas tanto en español como noutras linguas. Hoxe temos o pracer de compartir con todos vós a reseña da novela de Elba Pedrosa «Agora que cala a noite».

Datos bibliográficos:
- Título: Agora que cala a noite
- Autor: Elba Pedrosa
- Editorial: Aira
- Formato: Papel
- Nº de páxinas: 159
- Xénero literario: relatos de actualidade
- Data publicación: 11/2022
Biografía da autora:

É licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou como consultora e formadora en creatividade e oratoria para institucións públicas e privadas. Colaborou coa Fundación Botín a través do programa Educación Responsable, como formadora de docentes en Creatividades (Galicia). Ademais impartiu formación ao profesorado desde o CAFI (Centro autonómico de formación e innovación de Galicia). Colabora con distintos medios de comunicación. É tamén actriz, bailarina, presentadora de televisión e xornalista. Participou na serie TV El punto frío. Participou na Dirección Creativa de compañías de publicidade e comunicación durante máis de 15 anos.
Sinopse:
Voces de mulleres que berran, que se expresan, que se queixan e que se liberan. Voces que lle plantan cara á violencia machista en todas as súas facetas e que reclaman protagonizar as súas propias vidas. Elba Pedrosa tece nos tres relatos que se entrecruzan en Agora que cala a noite unha narración viva, directa e actual.
Personajes principais:

🔘 Meli
🔵 Pablo
🟢 Ánxela
🔴 Iván
Reseña/opinión persoal:
«Agora que cala a noite,
berra o sangue da ferida.
Eco xordo e seco.
A fala das miserias da alma.
Agora que a luz xa non conta nada,
fala alto a miña verdade!»
Os nomes dos protagonistas, tanto teñen, os lugares onde acontecen os feitos, tanto teñen tamén … O que si teñen tanto son os acontecementos, as situacións vividas polas persoas, tantas coma o mundo enteiro de mulleres representadas nestes relatos de realidade, por que te sintes reflictida en calquera delas. Igual por ti mesma, igual por unha persoa amiga, parente, coñecida ou non tanto pero que confiou en ti para contarcho ou para soltar unha pesada mochila nun intre que necesitou para desafogarse de tanta misoxínia ou machismo nas súas moitas variantes.
Podes lelo nun plís, si tes vísceras para facelo.

Por qué digo isto? Por que a novela de Elba Pedrosa, a quen tiven o pracer de coñecer nunha feira do libro, é curta en extensión, 159 páxinas escritas moi ben narradas, nun galego normativo moi achegado aos galegos de a pé, con expresións moi nosas, doado de entender que facilita moito para quen non estea adoitado a ler nesta lingua.
O que non é doado de dixerir, é o contido dos propios relatos, que aínda que son tres distintos, teñen un pequeño vínculo en común que lle da senso ao que estas lendo.
Abafaste si queres avanzar axíña, tes que ires paseniño para non trousar da carraxe que che dan as actitudes acousadoras, machistas, de moi pouco respecto pola liberdade e as decisións das mulleres.
Nos deixa entrever tamén Elba nesta novela, a importancia da educación para as vindeiras xeracións, de non influires negativamente nelas polas malas experiencias vividas nas propias carnes, de non propiciares futuros machismos.
“ Ninguén nace maltratador …”
Na sipnose nos deixa claramente escrito que é unha novela de voces de mulleres que berran.
Si che gusta a novela actual neste contexto, eu por suposto que cha recomendo, sen dúbida é para remover as conciencias.
Puntuación:
🖊Doulle un 5.
Carmen S. A.

As súas obras:




Esperamos que vos gustara a reseña e non vos esquezades de compartir a entrada nas vosas redes sociais y deixar un comentario.
Aquí podes ver outras reseñas do noso blog: 📌
Se eres escritor/a e desexas que leamos algunha das túas obras só tes que deixarnos un comentario ou enviarnos un correo electrónico.

Moitas grazas pola recesión, e por achegar esta lectura e reflexión tan necesaria sempre, tamén nos días que corren. Apertas, elba pedrosa
Moitas grazas a ti Elba , por este libro tan cheo de realidade . Unha aperta