As malas mulleres – Marilar Aleixandre – Reseña en galego

Índice



Como fomos dicindo, iremos intercalando lecturas tanto en español como noutras linguas. Hoxe temos o pracer de compartir con todos vós a reseña da novela de Xabier Quiroga.


As malas mulleres - Marilar Aleixandre  - Reseña en galego
  • Título: As malas mulleres
  • Autor: Marilar Aleixandre
  • Editorial: Galaxia
  • Formato: Papel
  • Nº de páxinas: 248
  • Xénero literario: Ficción histórico/poética
  • Data publicación: 02/21

Biografía da autora:

As malas mulleres - Marilar Aleixandre  - Reseña en galego

(Madrid, 1947) é feminista, narradora, poeta, tradutora e membro da Real Academia Galega desde 2017. Dona dunha das voces máis singulares das nosas letras, recibiu os máis importantes premios da literatura galega.

Desenvolveu un extenso labor académico na Universidade de Santiago e Compostela, centrando a súa investigación na argumentación e no pensamento crítico. Editorial Galaxia publicou o libro Mudanzas e outros velenos (2017), que reúne parte da súa obra poética; na colección Costa Oeste, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (2017) e A filla do minotauro(2018, Premio Raíña Lupa); na colección Literaria, A compañía Clandestina de Contrapublicidade (1998, Premio Álvaro Cunqueiro) e As malas mulleres(2021, Premio Eduardo Blanco Amor 2020 e Premio Nacional de Narrativa 2022); e, na colección Feminismos, Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán (2021), xunto con María López Sández. 


Sinopse:

PREMIO BLANCO AMOR 2020 PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2022 A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais.

A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas. Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.


Persoaxes principais:

As malas mulleres - Marilar Aleixandre  - Reseña en galego

🔘 Sisca

🟠 Fefa

🔵 Dona Concha

🔴 Dona Juana

🟡 Paquita

🟢


Lugar donde se desarrolla la trama:

A coruña.


Reseña/opinión persoal:

“Non podemos permitir que se inculque, que ás mulleres que a súa única misión na vida é a de seres esposas e nais” .

Concepción Arenal

De fermosa narrativa entre versos de cantos e prosa maxistral, as deixarte levar nesta trama de reivindicación no comezo do feminismo e dos dereitos das mulleres na Galiza e na España do século XIX. 

Esta novela non vai de malas mulleres, vai de mulleres excepcionais, tanto as visitadoras coma as visitadas. 

Concha e Juana ben puideron vivir comodamente, pero decidiron adicar parte do seu tempo a axudar a outras mulleres con vidas ateigadas de miseria, pobreza e desacougo que sufrían o abuso do patriarcado, de mulleres que non decidían nin no seu corpo nin nas súas vidas.

Reseña

Mulleres que cometían delito obrigadas pola súa propia supervivencia, polas inxustas normas e Leis que as diferenciaban dos homes. 

Nin sequera as veces existía tal delito, só aos ollos dos homes dunha sociedade machista e dominante. 

Sisca e Fefa eran dúas de tantas mulleres ás que a sociedade castigaba na Galera. 

A Galera era rexentada por monxas, algunhas delas non moi irmás da caridade. Supoñíase que a súa misión era educar e rehabilitar ás malas mulleres que alí estaban retidas, supoñíase… 

A sociedade da Madalena formada por señoras voluntarias eran realmente as que supervisaban o estado desas mulleres e as que realmente preocupábanse de procurarlles oficios e aprendizaxes na lectura e na escrita, para así alixeirar a súa carga de sinaladas na sociedade machista á que terían que volver ao saíres da cadea. 

Un circulo vicioso as envolvía, de non ter oficio non terían oportunidades, podendo chegar a ter que vender o seu corpo, e de novo serían condenadas…

Non era nada doado para as señoras conseguir que os gobernos e autoridades entenderan e permitiran a súa labor na Galera, as veces tiñan que tirar do motivo relixioso, de enxeño e medias verdades para que os impedimentos, trabas e lentas burocracias non minguaran o seu ánimo e a súa solidariedade a prol das chamadas malas mulleres. 

Na triste vida de Sisca a nosa protagonista que si ben é unha moza calada e respectuosa, serán dúas mulleres as que lle abran os ollos á vida e as que lle dean as pautas e o agarimo que necesita para que as súas inquedanzas acouguen e se permita a se mesma aceptarse. 

“Segue o teu propio camiño. O teu, aínda que sexa diferente do camiño das demais. 

Aínda sendo distinto do doutras mulleres”

A autora nos conta que a súa inspiración para esta novela fermosa e triste, pero exemplar por dar a coñecer un chisco máis das mulleres que foron o comezo e as precursoras de toda a nosa loita de hoxe por seres as responsables das nosas vidas e das nosas decisións, que se inspirou noutra muller que no ano 1953 viviu a traxedia que retratou na protagonista, Sisca, desta trama das Malas Mulleres. 

Axudádeme a parire, 

Mulleres do meu lugare, 

Levo dous días de parto, 

xa máis non podo empuxare. 

Ai, da muller que se perde! 

Pobre de ti, pecadora! 

A morte vaite levando, 

Xa non canta a cantadora. 

REGUEIFA DAS MALAS MULLERES. A LOBA

Está ben claro que recomendo esta obra para os e as amantes das letras que poidan ollar e gozar da escrita en galego, porén teño que dicir que a versión en castelán tamén está dispoñible.


Las malas mujeres - Marilar Aleixandre

Un viaje duro y apasionante por el tramo final del siglo XIX, una historia de mujeres contada a varias voces. Premio Nacional de Narrativa 2022

La historia de Sisca, de quince años, encarcelada porque las mujeres no son dueñas de su cuerpo; las de Concepción Arenal, visitadora de prisiones, y Juana de Vega, mujeres no tan conocidas como merecerían, y las del «mudo coro de las malas mujeres», que entona cantos sobre encuentros con depredadores sexuales. La novela está escrita contra el olvido, para recuperar la memoria de las excluidas. Y es un canto al papel de los libros y la lectura para dignificar la vida de las personas, para dar esperanza a las desesperadas. La novela se enmarca en un tono poético y, sobre todo, en una trama bien armada, cuajada de una variedad de registros literarios.


Puntuación:

🖊Doulle un 5.

Carmen S. A.

Reseña
Reseñas

Outras novelas da autora:




Reseñas/opiniones personales

Esperamos que vos gustara a reseña e non vos esquezades de compartir a entrada nas vosas redes sociais y deixar un comentario.

Aquí podes ver outras reseñas do noso blog: 📌

Se eres escritor/a e desexas que leamos algunha das túas obras só tes que deixarnos un comentario ou enviarnos un correo electrónico.

Soamente unha vez - José Mondelo - Reseña
Reseñas 😀


Deja un comentario