Claustro Corda Comensal – Samuel Merino – Reseña en galego

Índice



Como fomos dicindo, iremos intercalando lecturas tanto en español como noutras linguas. Hoxe temos o pracer de compartir con todos vós a reseña da novela de este autor de Mos pero que na actualidade vive en O Porriño, sendo vecino de duas de nos.


Claustro Corda Comensal - Samuel Merino  - Reseña en galego
  • Título: Claustro corda comensal
  • Autor: Samuel Merino
  • Editorial: Editorial Galaxia
  • Formato: Papel
  • Nº de páxinas: 96
  • Xénero literario: Poesía
  • Data publicación: Outubro 2023

Biografía do autor:

Claustro Corda Comensal - Samuel Merino  - Reseña en galego

(Mos, 1982) é un creador que desenvolve o seu labor nunha poética en que se aprecia a pegada da súa formación (licenciado en Filosofía pola USC) e mais a súa experiencia no eido das artes escénicas. A súa obra, de carácter reflexivo e autorreferencial, toma corpo na oralidade secundaria dos recitais e en breves presentacións que transitan do teatro á performance

Nesta liña, van os seus últimos traballos: Guantanamera. Poema nun só acto(2021) e Con esta hoz / Con esta fouce (2023).


Sinopse:

A voz [guía] que fala nesta especie de crónica do suceso, comparece para abrir unha porta pola que acceder a un recanto da memoria. A voz [testemuña] que fala nestes versos ofrece un esquema ―claustro, corda, comensal― dun desastre colectivo ao que vos convoca desde o pasado. A voz [poética] que fala neste libro sitúase permanentemente no limiar. Estar sempre no limiar, estar tanto no limiar que sexamos o limiar mesmo. Para poder pechar a porta. Un comezo onde finaliza algo para que algo empece cando algo conclúe.


Reseña/opinión persoal:

“ Traio comigo 

pouco máis do que levei 

algo que contar, tempo morto 

algunha culpa mediana

e en cada pulso 

unha broulla rosada 

como marca de nacemento”

Non é doado abrir as portas que desexaramos ter pechadas. 

As veces pensamos que é mellor non fácelo, non deixar entrar nin sequera un raio de sol. 

As veces si queremos deixar entrar esa luz, aínda sabendo que nos pode queimar. 

O autor deste pequeno pero grande poemario intimo, si decidiu abrir a súa porta e relatarnos coas súas letras reflexivas unha parte moi persoal da súa existencia.

Reseña

Sentín desacougo e tristura lendo estas páxinas de versos tan delicada e humanamente escritos. 

De cando en vez esta ben que me pase, que a realidade sexa algo máis do que se tenta ocultar. 

Deberiades probar… 

“Alí 

por veces 

acalmábannos as cordas sobre a cama 

e tesas, as nosas extremidades durmían 

moito máis ca nós”

O vas ler axiña, pero non será tan axiña que esquezas o que vas ler. 

Eu cho vou recomendar, se che gusta a poesía intimista, se desexas coñecer a este autor que seguro aínda ten moito por escribir desde o seu interior máis creativo e humano. 

Tamén che recomendo que o escoites recitar, a súa voz e as súas pausas xunto coa súa sensibilidade, seguro non te deixan indiferente.



Puntuación:

Carmen S. A.

Reseña
Reseñas

Outros libros do autor:

Claustro Corda Comensal - Samuel Merino  - Reseña en galego

«Creer que Lorca habita en Samuel y sabe, por fin, lo importante que ha sido para todas nosotras. Y puede, también, decir a través de la boca de Samuel, con los labios de Samuel pero con el aliento de Federico: soy ma-ricón y poeta. Federico y Samuel cogidos de la mano y besándose en un parque, rodeados de un montón de gente que no los mira, porque nadie mira ya a dos hombres que se aman, ya nadie juzga a dos poetas que se revolucionan, ya nadie puede revolver entre nuestras vísceras buscando el resorte de la vergüenza. Todo eso es la poesía de Samuel. Y es, también, la venganza de Federico.»


Claustro Corda Comensal - Samuel Merino  - Reseña en galego

Con esta hoz es un libro que alberga varios libros en sí mismo y ofrece múltiples lecturas. Samuel Merino nos presenta un poema horizontal fragmentado por un ensayo poético. Al igual que la hoz es una herramienta para la siega de gramíneas, la escritura de Samuel se corta a sí misma y desprende sus espigas ofreciendo importantes floraciones.
Este libro es un viaje hacia atrás y hacia adelante en el que se pueden recorrer varios caminos que, aunque atraviesen el mismo paisaje, siempre te sorprenderán al ofrecerte una perspectiva diferente.




Reseñas/opiniones personales

Esperamos que vos gustara a reseña e non vos esquezades de compartir a entrada nas vosas redes sociais y deixar un comentario.

Aquí podes ver outras reseñas do noso blog: 📌

Se eres escritor/a e desexas que leamos algunha das túas obras só tes que deixarnos un comentario ou enviarnos un correo electrónico.

Soamente unha vez - José Mondelo - Reseña
Reseñas 😀


Deja un comentario