Flores de ferro – María Rei Vilas – Reseña

Índice



Como fomos dicindo, iremos intercalando lecturas tanto en español como noutras linguas. Hoxe temos o pracer de compartir con todos vós a reseña da novela de María Rei Vilas «Flores de ferro«.

Flores de Ferro - María Rei Vilas

Datos bibliográficos:

  • Título: Flores de Ferro PREMIO GARCÍA BARROS 2020
  • Autor: María Rei Vilas
  • Editorial: Galaxia
  • Formato: Papel
  • Nº de páginas: 430
  • Género literario: ficción en lingua galega
  • Fecha publicación: 2020

Biografía da autora:

Reseña novela de María Rei Vilas - Flores de Ferro

María Rei Vilas, nacida en A Laracha en 1964. É profesora de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Agra de Leborís, da súa localidade natal. Autora de libros de texto e guías didácticas relacionadas co ensino da bioloxía e a xeoloxía.

Medrou detrás do mostrador dunha ferraxería, nunha casa de portas abertas, na que a veciñanza entraba a mercar ou, simplemente, na procura de compaña e de conversa amábel. De nena, pasou moita fame de libros. Desquitouse de adulta, con verdadeiros festíns de palabras.

O asociacionismo cultural e o ecoloxismo acompáñana desde a mocidade.

Flores de ferro, a súa primeira novela, naceu froito dunha débeda dobre: a que temos coa xeración das nosas nais e avoas, mulleres dobremente silenciadas por unha ditadura que lles negou todos os dereitos; e a débeda coa xente nova, que merece e precisa coñecer unha historia que é a súa.

As súas obras:

Premios:

Sinopse:

Camila viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou. María Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Aurora, Olga, Nidia… son as flores de ferro desta historia. Pero hai máis. Houbo moitas máis.

Reseña de Flores de Ferro - María Rei Vilas

Personaxes principais:

🔘  CAMILA: Farmacéutica de profesión e orfa de nai, que vive co seu pai recentemente aqueixado dun ictus.  

🔘 CATARINA:  nai falecida de Camila e Pedro.

🔘 AURORA: Amiga de Catarina.

🔘 OLGA: Amiga de Catarina e Aurora.

🔘 D. DANIEL E MATILDE: Pais de Catarina e Mercedes.

🔘 ANTÓN: Marido de Olga.

🔘 SANTIAGO: Médico da vila casado con Mercedes.

🔘 VICENTE: Pai de Camila e Pedro.

Lugar onde se desenvolve a historia:

Na Galicia rural.

Reseña/opinión persoal:

Novela intensa dende case os primeiros capítulos xa que todos os personaxes están enriquecidos con vidas dramáticas cheas de miserias e tristuras pola época e as circunstancias que lles tocou vivir.

Unha Galicia rural que a autora describe marabillosamente, tanto pola pobreza, o analfabetismo, os traballos duros e pouco agradecidos, coma as xentes que as moraban, que ao mesmo tempo tiñan unha necesidade de aprender e prosperar, que por desgraza o fascismo lles arrebatou.

Creo que a autora soubo levarnos e meternos na historia que nos conta, con moito afecto pola parte do lector, que de algún xeito lembrou e rememorou aos seus propios avós con moita ternura e respecto por quen tamén viviu esa parte amarga do silencio, dos abusos, das traizóns, dos desaparecidos, das mortes… De erguer a cabeza e tirar cara adiante.

Unha cita que me chamou a atención do libro:

E non se equivocou.

Porque o mundo virou do revés. Foi como se alguén abrise as portas do inferno e o mal prendese como o lume na louza seca. E xa non houbo máis que medo. Medo a morrer, a que matasen os teus, ás feridas da alma, que eran peores que a mesma morte. Houbo quen se agochou, quen fuxiu e tamén quen toleou, que case era a mellor maneira de escapar e, moitas veces, a única. Tamén houbo mulleres e homes que venceron o medo e loitaron. E perderon. E houbo quen traizoou os seus por seguir vivo ou, simplemente, por arrimarse ao poder.

Puntuación:

🖊Unha obra que está escrita de momento só en galego e que me gustou moito. Totalmente recomendable polo que lle dou un 5.

Valoración Flores de Ferro - María Rei Vilas
Reseña Flores de Ferro – María Rei Vilas

Algunhas outras opinións relevantes para que te animes a ler o libro:

🖊Un libro que ademais de disfrutar se aprende con él moito sobre unha etapa da historia en Galicia.
Personaxes moi completos e cunha historia que engancha.

🖊Brutal! Tal como contáronnolo as nosas familias.

Versión Tapa Blanda en galego
Reseñas/opiniones personales

Esperamos que vos gustara a reseña e non vos esquezades de compartir a entrada nas vosas redes sociais y deixar un comentario.

Aquí podes ver outras reseñas do noso blog: 📌

Se eres escritor/a e desexas que leamos algunha das túas obras só tes que deixarnos un comentario ou enviarnos un correo electrónico.

Flores de ferro - María Rei Vilas
Reseña – Flores de Ferro – María Rei Vilas 😀


2 comentarios en «Flores de ferro – María Rei Vilas – Reseña»

Deja un comentario

%d