Índice
Como fomos dicindo, iremos intercalando lecturas tanto en español como noutras linguas. Hoxe temos o pracer de compartir con todos vós a reseña da novela de María Oruña «O souto dos catro ventos«.

Datos bibliográficos:
- Título: O souto dos catro ventos
- Autor: María Oruña
- Editorial: Aira
- Formato: Papel
- Nº de páginas: 352
- Género literario: policiaca/misterio en lingua galega
- Fecha publicación: Octubre 2020
Biografía da autora:

María Oruña, (Vigo, 1976) é unha escritora galega que exerceu durante dez anos como avogada laboralista e mercantil, e que na actualidade dedícase exclusivamente á literatura. Os seus libros foron traducidos do castelán ao francés, alemán, italiano, ruso, polaco, grego, portugués, galego e catalán.
Sinopse:
A comezos do século XIX, o doutor Vallejo viaxa de Valladolid a Galicia xunto con Mariña, a súa nova filla, para servir como médico nun poderoso mosteiro de Ourense. Alí descubrirán un mundo e uns costumes moi particulares e vivirán a caída da Igrexa e o fin definitivo do Antigo Réxime. Mariña, interesada na medicina e o botánica pero sen permiso para estudar, loitará contra as convencións sociais que a súa época imponlle sobre o saber, o amor e a liberdade e verase inmersa nunha aventura que gardará un secreto de máis de mil anos.
Nos nosos días, Jon Bécquer, un inusual antropólogo que traballa localizando pezas históricas perdidas, investiga unha lenda. Nada máis comezar as súas indagacións, na horta do antigo mosteiro aparece o cadáver dun home vestido cun hábito benedictino propio do XIX. Este feito fará que Bécquer intérnese nos bosques de Galicia buscando respostas e descendendo polos sorprendentes chanzos do tempo. Unha apaixonante intriga sobre unha muller que na Galicia de 1830 enfróntase ás convencións do seu tempo e cuxa figura transcende ata os nosos días.

Personaxes principais:
🔘 JON BÉCQUER, profesor Universitario de antropoloxía E detective de obras de arte.
🔘 AMELIA, restauradora en Santo Estevo.
🔘 MARINA, estudosa das menciñas no século XIX.
🔘 XOCAS, sarxento da Garda Civil.
Lugar onde se desenvolve a historia:
Ribeira Sacra, Galicia.
Reseña/opinión persoal:
Gustoume esta novela sobre todo polo ben documentada que es, e como a autora describe tan abraiantemente a zona donde se desenvolve a trama.
A Ribeira Sacra é moi atraínte para deixar voar a imaxinación en canto aos misterios e lendas do monacaterismo, pois a pesares do tempo transcorrido, os seus mosteiros conservan esa fascinación pola vida que neles existiu, e de como eran o motor da zona onte se situaban.
A min persoalmente, a súa lectura conseguiu atraparme e, curiosamente, lembrei a miña primeira visita a Santo Estevo cando era unha ruina esplendorosa, e dous cativos da aldea, por unha cantidade simbólica de cartos, ofrecéronse facer de guías e levarnos polos recunchos do mosteiro e tamén do bosque, que eles usaban para xogar.
Si ben é certo que a trama, xa digo que co ben documentada que está a novela, te leva ao seu terreo, e sobre todo xogando con dous tempos da historia, tamén é certo que despois da mitade en diante do libro, e bastante previsible a sospeita sobre o remate, e por onde poden ires os tiros.
Igualmente teño que dicir que a trama do século XIX pareceume máis atrainte que a do tempo actual, a tempo tamén que conseguiu que crecera o meu interese pola lenda dos nove bispos e os seus aneis, que seguramente noutra visita ao mosteiro e tamén á cidade de Ourense, aproveitarei para fixarme nos detalles que a autora nos descobre.
Puntuación:
🖊Totalmente recomendable polo que lle dou un 5.
Carmen S. A.
As súas obras:

Esperamos que vos gustara a reseña e non vos esquezades de compartir a entrada nas vosas redes sociais y deixar un comentario.
Aquí podes ver outras reseñas do noso blog: 📌
Se eres escritor/a e desexas que leamos algunha das túas obras só tes que deixarnos un comentario ou enviarnos un correo electrónico.
