Índice
Como fomos dicindo, iremos intercalando lecturas tanto en español como noutras linguas. Hoxe temos o pracer de compartir con todos vós a reseña da novela de Xurxo Sierra Veloso «Os nomes do traidor».

Datos bibliográficos:
- Título: Os nomes do traidor
- Autor: Xurxo Sierra Veloso
- Editorial: Xerais
- Formato: Papel
- Nº de páxinas: 208
- Xénero literario: negro / psicolóxico
- Data publicación: junio 2008
Biografía do autor:

Xurxo Sierra Veloso (Caracas, 1969) Funcionario da Universidade de Salamanca, reside en Zamora desde 1999. Publicou as novelas »Os ollos do rei de copas» (1994), »Licor de abelá con xeo». (2006, finalista Premio Lueiro Rey), »Os mércores de Fra» (2006, Premio Risco), »Os nomes do traitor» (2008) e »Os fíos» (2010, Premio Repsol). Dende 2005 mantén a rede ou blog Rei de Copas (http://reidecopas.blogspot.com
Sinopse:
Delanuit é acollido nun programa de protección a testemuñas tras delcrar en contra dun narcotraficante. Agachado nunha urbanización, o protagonista d’ Os nomes do traidor, a primeira novela de Xurxo Sierra Veloso en Xerais Narrativa, agarda o momento en que os seus inimigos por fin o atopen e o asasinen. Mentres agarda, o perseguido reflexiona sobre as distintas e sucesivas identidades que tivo na súa vida, ningunha delas tan satisfactoria como para que pagase a pena loitar por defendela.
A través dunha multiplicidade de voces e rexistros expresivos (a do protagonista, a da súa muller, a dos sicarios, a da súa filla, a do narco que planea a vinganza…) vanse abrindo ao lector esta novela intrigante, que ofrece dous niveis de lectura. A medio camiño entre o xénero negro e o psicolóxico, Os nomes do traidor consegue crear unha tensión narrativa, ben dosificada, que preside a vida oculta do protagonista e nos remite a unha novela de extraordinaria expresión cinematográfica.

Personaxes principais:
🔘 XOSÉ LUIS VIDUEIRA “DELANUIT”
🔵 CLAUDIO SAMPAIO
🟢 XENEBRA
🔴 FIGUEROA
🟡 COLUMBUS
Lugar onde se desenvolve a historia:
Urbanización Mapoula.
Reseña/opinión persoal:
Chegou a min esta novela, despois dunha visita a unha libraría de segunda , terceira e máis mans, que adoito frecuentar con algunha das miñas amigas amantes das letras coma min.
Trátase coma ben dí a sipnose, dunha novela negra ambientada en calquera lugar de Galicia que o autor non describe, pero que calquera de nós que xa lera algunha obra relacionada co narcotráfico nesta terra, pode imaxinar sen problema.
A vila en sí, da o mesmo, porque o importante da trama acontece na urbanización mapoula de ningures, e o que alí se coce.
O mellor de cada casa, poderían ser os residentes da urbanización.
En cada capítulo imos coñecendo aos protagonistas, aínda que non é ata o xiro final, onde realmente saberemos quen é quen.
Os nomes do traidor, para min, ben dicindo que aínda que sexa o protagonista un arrepentido, nunca deixará a súa mochila atrás con todos os seus crimes cometidos, da igual onde se agoche, e que mude de nome; o peor inimigo que ten, é el mesmo, o medo vai ser o seu compañeiro de vida.
Gústanme os perfís que o autor lle da a cada un dos protagonistas que se van descobrindo con cada capítulo e coas reflexións de cada un deles, eses pensamentos que lles roldan a cabeza pero que nunca chegan a materializarse.
O decotío de cada un, dende o seu propio interior, familia, traballo… emocións non expresadas, palabras enmudecidas…

Doada lectura para pasar uns días inmersos nunha trama de lectura negra e psicolóxica, con final resolutivo para todas as inquedanzas que se van creando na urbanización mapoula.
Recoméndoa para os interesados neste tipo de novelas e por suposto si vos apetece ler en galego. Descoñezo si tamén está editada en castelán.
Puntuación:
🖊Doulle un 5.
Carmen S. A.

As súas obras:

Esperamos que vos gustara a reseña e non vos esquezades de compartir a entrada nas vosas redes sociais y deixar un comentario.
Aquí podes ver outras reseñas do noso blog: 📌
Se eres escritor/a e desexas que leamos algunha das túas obras só tes que deixarnos un comentario ou enviarnos un correo electrónico.
