Soamente unha vez – José Mondelo – Reseña en galego

Índice



Como fomos dicindo, iremos intercalando lecturas tanto en español como noutras linguas. Hoxe temos o pracer de compartir con todos vós a reseña da novela de José Mondelo «Soamente unha vez«.

Soamente unha vez - José Mondelo - Reseña

Datos bibliográficos:


Biografía do autor:

Soamente unha vez - José Mondelo - Reseña

José Mondelo (Peites, Lugo), escritor atípico e iconoclasta, deuse a coñecer co libro «Un pequeno favor e outras historias de humor perverso», unha das poucas obras literarias estritamente humorísticas coas que conta o galego. A súa produción vai desde contos para rapaces («O informe do empregado Mendes» ou «Martín Coutinho en busca do sol») a unha novela erótica de forte tintura sadomasoquista («Ni junio en París»), que el define como «un exercicio de estilo»; desde unha divertidísima sátira («Hay que matar a los padres») á tráxica novela negra «O ollo pecho», que obtivo excelentes críticas no seu momento. É autor, igualmente, da peza teatral «Comedia», na que se basea a curtametraxe «Sálvame!», galardoada con máis de cincuenta premios en festivais nacionais e internacionais.


Sinopse:

Unha cadela que acompaña a dous cazadores descobre un cadáver no monte. É o cadáver dunha muller desaparecida, que obriga o singular inspector Paiana a centrarse no caso. Axiña aparecen algúns sospeitosos. Pero nesta novela, ao contrario do que acostuma a suceder neste tipo de relatos, o asasinato non o invade todo, senón que queda inserido no traballo habitual e cotián dos funcionarios. Os policías continúan a falar das súas cousas, chancean mentres agardan a chegada da xuíza e o inspector da científica intercambia receitas de cociña coa forense ao tempo que examinan o cadáver. Porque, como di un dos personaxes, o morto parou, mais a vida segue adiante. «Soamente unha vez» é unha orixinalísima novela policial de José Mondelo, diferente e trepidante, afastada dos tópicos novelescos do xénero onde abundan os policías corruptos, alcólicos e agresivos importados da literatura e do cinema americanos.


Personaxes principais:

🔘   Inspector Antonio Paiana


Lugar onde se desenvolve a historia:

En Galicia.


Reseña/opinión persoal:

O que comeza coma unha intriga policíaca coa aparición don cadáver nas primeiras páxinas desde novela, deixa de selo na meirande parte do libro na que a vida do inspector Paiana toma o relevo á trama coa que comeza.

A vida do Paiana, como así lle chaman, anos atrás estivo moi relacionada coa loita antiterrorista en Francia, onde traballou coma axénte de intelixencia. Iso fixo que sexa un home ao que lle guste dar o seu parecer e sin pelos na língua, en todo o relacionado co sistema político e da sociedade na que vivimos. Non ten nada que perder, e dende logo é un home curtido en vivencias e situacións de risco.  

A día de hoxe, considerase nada máis cun funcionario de policia cun soldo e un horario que cumprir.

Da mitade do libro en diante xa retoma as pescudas do caso da muller morta. A un policia coma el non se lle escapa nada, bo observador, resolve coa axuda do seu equipo o crime, aínda que o xeito de rematar a novela non sexa o desexado para o lector, si o é para o inspector Paiana. 

Dende logo é unha novela ben distinta ás que adoito ler do xénero policíaco, e por iso que ao rachar as miñas expectativas e por seres diferente, a vou recomendar.


Puntuación:

🖊Lle dou un 5.

Carmen S. A.

Soamente unha vez – José Mondelo

As súas obras:




Reseñas/opiniones personales

Esperamos que vos gustara a reseña e non vos esquezades de compartir a entrada nas vosas redes sociais y deixar un comentario.

Aquí podes ver outras reseñas do noso blog: 📌

Se eres escritor/a e desexas que leamos algunha das túas obras só tes que deixarnos un comentario ou enviarnos un correo electrónico.

Soamente unha vez - José Mondelo - Reseña
Reseñas 😀


Deja un comentario

%d