Un animal chamado néboa – Ledicia C – Reseña en galego

Índice



Como fomos dicindo, iremos intercalando lecturas tanto en español como noutras linguas. Hoxe temos o pracer de compartir con todos vós a reseña da novela da viguesa Ledicia Costas.

Este libro compreino este ano na feira do libro de Vigo, tendo a gran sorte de que a autora mo dedicase.


Un animal chamado néboa - Ledicia C - Reseña en galego
  • Título: Un animal chamado néboa
  • Autor: Ledicia Costas
  • Editorial: Xerais
  • Formato: Papel
  • Nº de páxinas: 199
  • Xénero literario: Relatos
  • Data publicación: 6ª edición xuño 2021

Biografía da autora:

Un animal chamado néboa - Ledicia C - Reseña en galego

Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de «Un animal chamado néboa» (2015), Premio Losada Diéguez, e as novelas «Infamia» (2019) e «Golpes de luz» (2021). Tamén é autora de diversas novelas de fronteira, como «O corazón de Xúpiter» (Xerais 2012), Premio Neira Vilas; «Recinto Gris» (Xerais 2014); «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta» (Xerais 2016), Premio Lazarillo, Premio Gala do Libro Galego e The White Ravens; ou «A balada dos unicornios» (Xerais 2018), obra coa que gañou por segunda vez o Lazarillo, así como o Premio Kelvin 505 á mellor novela xuvenil orixinal de 2019.

En 2014 recibiu o Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «Escarlatina, a cociñeira defunta» (Xerais 2014). É autora doutros títulos emblemáticos como «Esmeraldina, a pequena defunta» (Xerais 2016) ou «A señorita Bubble» (Xerais 2018), Premio Gala do Libro Galego. Os seus últimos libros publicados son «Conexión Macarrón» (Xerais 2019), «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020), «A señorita Bubble baixo cero» (Xerais 2020), así como os títulos da serie Os Minimortos: «Benvidos ao Outro Barrio» (Xerais 2020), «Criando malvas» (Xerais 2021), «Escola de salvaxes» (Xerais 2021) e «O Día dos Vivos» (Xerais 2021). En 2021 foi recoñecida co Premio da Cultura Galega e gañou o Premio Merlín de Literatura coa novela O neno de lume (Xerais 2022). 


Sinopse:

A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.
Un animal chamado néboa é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque USS Indianapolis, os métodos de tortura da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do Enola Gay forman parte dalgunhas das historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.


Reseña/opinión persoal:

A primeira vez que lin un libro de Ledicia Costas foi xa hai uns anos atrás, INFAMIA é o seu título, una novela negra coa que comecei acariñar a esta autora. 

A segunda que tiven nas miñas mans foi GOLPES DE LUZ, namoreime da historia que nos conta tan chea de tenrura aínda que dramática no seu contexto. 

E así pasou a ocupar un oco importante na miña biblioteca particular da Literatura Galega. 

Agora chega UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA, unha das primeiras obras da autora, a quen por certo tiven o gusto de coñecer nunha feira do libro e onde me comentaba o duro que fora para ela escribir estes relatos. 

Concordo con ela, efectivamente a crueza, a dose de realidade e a tristura que che produce ler e saber de acontecementos que sufriron seres humanos, que podíamos seres calquera de nós en situación tan límites como as que a vida os puxo a eles, e que por desgraza ninguén está ceibe de vivilas.

Reseña

 Relatos baseados na II Guerra Mundial. 

“ Na rúa hai tantos cadáveres que xa ninguén os recolle. 

Convertéronse nunha parte do escenario sinistro trazado pola guerra” 

A barbarie do feito, as loitas, as batallas, as incursións e estratexias militares en todas as guerras van por unha banda.

Pola outra están as outras atrocidades que nos conta a autora, as exterminacións, as torturas macabras, o psicopatismo, o odio exacerbado contra os semellantes e as constantes violacións dos dereitos humanos… 

Coñeceredes as maldades e ruindades depreciables dos arrebatadores de vidas. 

Coñeceredes tamén a desesperación e os límites aos que podemos chegar os seres humanos cando a supervivencia nos obriga a cometer actos en situacións moi extremas, que xamais pensabamos que poderíamos chegar a facer. 

Son seis relatos dos que non vou contar a trama, porque xa a sinopse te pon en situación, e aínda que falamos de ficción zumegan realidade, e ata che poden facer botar algunha bágoa. 

Realmente se non foran contadas así, pasarían coma calquera historia máis dunha guerra, pero non tomaríamos conciencia do dolor, do sufrimento e da importancia de poder evitar que milleiros de seres humanos volvan pasar polo mesmo.


Puntuación:

Desde logo que recomendo a súa lectura: Katarina, Svetlana, Hunter, Hope, Mauricio, Giovanni ou Martha, merecen que pasemos un chisco do noso tempo con eles.

🖊Doulle un 5.

Carmen S. A.

Reseña
Reseñas

Outras novelas da autora:




Reseñas/opiniones personales

Esperamos que vos gustara a reseña e non vos esquezades de compartir a entrada nas vosas redes sociais y deixar un comentario.

Aquí podes ver outras reseñas do noso blog: 📌

Se eres escritor/a e desexas que leamos algunha das túas obras só tes que deixarnos un comentario ou enviarnos un correo electrónico.

Soamente unha vez - José Mondelo - Reseña
Reseñas 😀


Deja un comentario